Ante os problemas de seguridade do día a día no noso país, SELGASA Electricidade S.C. instala unha gran gama de produtos de CONTROL DE ACCESO
Buscando solucións a medida para o control e a seguridade de edificios e persoas.
Traballa para todo tipo de sectores (Edificios, Escolas, Instalacións deportivas,Ximnasios e Vivendas particulares)… ofrecendo solucións os problemas de seguridade de empresas e particulares.
Un Control de Accesos non é máis que un mecanismo que en función da identificación xa autentificada permite acceder a recintos,datos ou recursos.
Cada vez máis, faise necesario controlar,xestionar e monitorizar os movementos das persoas que entran e saen das nosas instalacións. Así mesmo iso pódese aplicar a vehículos, co finde coñecer por onde pasan en cada momento
CAMPOS DE APLICACIÓN
Instalacións deportivas: acceso zonas , zonas VIP , zona oficinas etc.
Aloxamentos: Fechaduras , control de entadas , zonas restrinxidas…
Ximnasios: entradas edificio , acceso a instalacións , control de saída.
Residencial: zonas de acceso restrinxido e aparcadoiros.
Kit Bluetooth: permite a apertura da porta cun teléfono móbil. É un referente tecnolóxico e innovador.
Lector pegadas: Última tecnoloxía agora a un prezo moi competitivo. Incorpora tecnoloxía térmica de lectura, recomendada en exteriores. Capacidade de almacenamento de 950 impresións dixitais.
Lectores para exteriores: fabricados en aceiro inoxidable, dispoñibles xa en versión teclado (Memokey) e proximidade (Private).
Teclado NUMERICO: permite a apertura de portas portais e todo tipo de accesos mediante un teclado numérico con gran facilidade para o cambio de claves.