EMPRESA

SELGASA Electricidade S.C é unha pequena Empresa de nova creación Cunha dilatada experiencia en Instalacións Eléctricas traballando por conta allea dende fai mais de 15 anos tanto en, vivendas, industrial e naval.

Asociada a INSTALECTRA (Asociación de Empresarios de Electricidad y Telecomunicaciones de Pontevedra)
Actualmente o noso traballo céntrase na realización de instalacións e mantementos industriais,montaxes de maquinaria a terceiros e introducindonos nas telecomunicacions,sistemas de CCTV e Alarmas.
O noso obxectivo principal é manter e aumentar o grao de satisfacción dos nosos clientes, adaptándonos ás actuais esixencias de calidade e seguridade das instalacións, e sobre todo, á formación continuada do noso persoal para estar ao corrente das novas normativas vixentes.
Para así situarnos e lograr un alto nivel competitivo.

As nosas actividades van dende o deseño ata a posta en marcha das instalacións,así como mantementos, xa sexan comerciais, industriais, domésticos, infraestruturas de telecomunicacións, redes informáticas e instalacións en media tensión etc…

homologaciones selgasa